Potencia a túa carreira profesional no mercado laboral

Laboralia é un programa de formación en competencias profesionais desenvolto no 2011 polo Consello Social da Universidade da Coruña co fin de:

Realizar xornadas gratuítas que aportan coñecementos e información útil sobre as dinámicas do mercado laboral e a selección de persoal.

Que achega Laboralia?

  • Ampliamos o desenvolvemento profesional das persoas e organizacións
  • Aproximamos o talento ás necesidades da contorna económica e social
  • Melloramos a empregabilidade
  • Fomentamos o espírito emprendedor
Público

A quen nos diriximos?

Ofrecemos formación en competencias e habilidades profesionais para:

  • Estudantes e titulados/as que busquen aumentar as súas oportunidades no mercado de traballo.
  • Profesionais que desexan coñecer as últimas tendencias no mundo laboral e mellorar as súas capacidades.

Proporcionamos asesoramento sobre as mellores estratexias para fortalecer o teu perfil e incrementar o teu potencial éxito na procura de novas opcións laborais.

Onde e cando se realiza Laboralia?

Organizamos xornadas ao longo do ano nas que impartimos pílulas formativas en formato:

Presencial

Networking da Coruña

En liña

Para velo onde queiras

Conferenciantes

Quen imparte a nosa formación?

Os relatores e docentes de Laboralia son expertos vinculados a empresas de recoñecido prestixio e que están especializados en recursos humanos, comunicación, novas tecnoloxías e xornalismo.

Coñece as empresas colaboradoras

Obtén experiencias formativas para completar o teu perfil profesional!